Wednesday 08 de May de 2024

Os veciños de Miño trasladan ao grupo do Partido Popular as súas queixas e preocupación polo servizo de autobús intraparroquial


Desde hai anos os veciños das parroquias de Miño gozan dun servizo de autobús para acudir ao centro de saúde do municipio. Desde hai meses este servizo non se está prestando na forma contratada.
O servizo consiste nun servizo de microbús adaptado a minusválidos, que percorre as parroquias con varias paradas e traslada aos veciños que carecen de posibilidade de desprazarse en coche ao centro de saúde.

Nos últimos meses, principalmente á primeira hora da mañá, o servizo foi substituído por un taxi de 5 prazas. Este cambio provoca que no momento que se ocupan as prazas os veciños que están nas restantes paradas deben esperar a que o taxi volva do pobo para buscalos. Este sistema non só incumpre co contratado, senón que ocasiona graves prexuízos aos veciños xa que a primeira frecuencia está pensada para chegar ás citas de análises, polo que ao ter que esperar chegan tarde ás citas.
Ao Partido Popular preocúpalle que este incumprimento siga reiterándose nos próximos meses, que dado as inclemencias meteorolóxicas prexudicará aínda máis aos nosos veciños.

Preguntado o señor alcalde por este problema en pleno, respondeu por medio de evasivas, recoñecendo o problema pero sen dar solución algunha. Por parte do goberno municipal faise caso omiso a un problema que afecta a un gran número de veciños demostrando unha vez máis a súa incompetencia na xestión municipal.